Viernes, 07 Agosto 2015 23:05

Ribeiro Blues Wine Festival 2015 Parque Náutico (Castrelo de Miño)

Música en directo e viño, o Ribeiro Blues Wine Festival regresa ó Parque Náutico de Castrelo de Miño para a súa segunda edición, que terá lugar o 7 e 8 de agosto. Coa participación de oito actuacións musicais e un total de 23 adegas da D.O Ribeiro, o festival contará cun espacio para degustar os vinos e elaboracións culinarias que se ofrecerán os participantes. A programación do festival  completarase con catas no catamarán. A entrada ó festival é gratuíta.

Khalif Wailing Walter (USA); J. Teixi Band (España); Big Lis & Gumbo Band (Galicia) e The Tetas´Van (Ourense) serán os encargados de amenizar a primeira xornada,  Na segunda xornada a música estará a cargo de Shanna Waterstown & The Hawks (USA); Virginia Labuat (España); Jeb Rault & The Trío (USA & Galicia) e Johnny Cat & The Poor Dogs (O Ribeiro).

O festival está organizado polo  Concello de Castrelo, Consello Regulador da D.O Ribeiro e Deputación de Ourense co obxetivo de fomentar a cultura do viño e o atractivo cultural de Castrelo.