Lunes, 24 Junio 2013 00:00

Xornada sobre os retos e oportunidades para o sector vitivinícola galego en Castrelo de Miño

Produtores, adegueiros e os consellos reguladores das cinco denominacións de orixe de viño galegas poñen en común os retos aos que se enfronta o sector coa Nova Política Agraria Común. Todos valoran positivamente a ampliación dos dereitos de plantación de viñedos como garante da calidade do produto e apostan por intensificar a promoción e a comercialización no exterior de España.


A decisión do Parlamento europeo de ampliar ata 2030 os dereitos de plantación de viñedos tranquiliza o sector vitivinícola galego. Produtores, consellos reguladores e adegueiros valoran positivamente a medida porque liberalizar os dereitos din, suporía graves consecuencias para o sector. 
Nunha xornada en Castrelo de Miño analizaron as oportunidades do sector coa nova Política Agraria Común, e a OCM do viño. Todos coinciden en apostar pola calidade e na necesidade intensificar a promoción dos viños galegos, para mellora-la comercialización dentro da Unión Europea e tamén noutros países. 


Dentro da xornada tamén abordaron o asociacionismo como estratexia. E como exemplo, esta Asociación das Bouzas, en Castrelo, que conseguiu recuperar a plantación de viñedos na zona e xuntar nunha única leira de 30 hectáreas, de 50 propietarios, e que conta xa con 8 traballadores. 
O sector do viño representa en Galicia o 30 por cento da agricultura. Hai máis de 200.000 titulares dedicados á produción, cunha extensión de máis de 30.000 hectáreas de viñedos.

Medios